Este proxecto comezou para festexar a diversidade do noso instituto.
Ser estranxeiro é unha parte da vida á que todo o mundo fai fronte.
Podes ser estranxeiro en moitas partes da túa identidade:
na relixión, sexualidade, xénero, idioma, nacionalidade, intereses…
O que conecta a un estranxeiro cos demais é a empatía: a idea de amar é poñerte no seu lugar… que consiste en coñecer a súa historia e descubrir como contala.

O 12 de Abril conmemoramos como os estranxeiros nos trouxeron perspectivas, experiencias, culturas, linguas e historias novas ás nosas vidas. Era unha oportunidade para pensar, preguntar, aprender… e ver a través dos ollos estranxeiros.
Queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado de segundo de bacharelato de audiovisuais por realizar as diferentes entrevistas que imos ver a continuación. Tamén á rede solidaria por crear un ambiente de colaboración entre alumnado e polo seu traballo neste proxecto. Para rematar queremos agradecer ao profesorado o apoio e a organización neste traballo. Por último, pero non por iso menos importante, a aquel alumnado estranxeiro que compartiu con nós un anaco da súa identidade.
|